Desafío Volta Junior

logodesafiojunior

O Desafío Volta Junior nace como un complemento ao DVL para involucrar a toda a poboación dos Concellos que son saída e chegada de cada etapa, especialmente, aos nenos e nenas de cada un deles.

O formato seguirá sendo o mesmo, é dicir, na zona de chegada de cada etapa instalaremos uns circuítos de habilidade, destreza e velocidade onde os nenos e nenas poderán sentirse como profesionais, xa que dispoñerán da mesma infraestrutura, loxística e medios humanos que o resto de deportistas.

DÍA CONCELLO LUGAR HORARIO
26 Maio A Pontenova Colexio (zona pabellón) 16.00 a 17.00 h
27 Maio A Fonsagrada Praza do Concello 16.00 a 17.00 h
28 Maio Lugo Pazo Feiras (aparcamento) 12.30 a 13.30 h

Condicións:

Para participar en cada unha das probas cada participante deberá levar a súa bicicleta e casco (obrigatorio) e se é posible algún material escolar.
A inscrición é gratuíta e realizarase no mesmo momento na zona de saída.
Ao finalizar a proba entregarase un obsequio a todos os participantes.
Desde a organización do DVL Solidario animamos a todos os nenos e nenas que nos doen calquera tipo de material escolar que entregaremos á asociación SOMOS Unidos polo Cancro que distribuirán en Hospitais pediátricos.

logodesafiojunior