O desafío

voltalugo

Desafío Volta  Lugo é un evento cicloturista en bicicleta de estrada non competitivo,  que xorde co obxectivo de que todos os participantes vivan a experiencia dunha volta ciclista por etapas como verdadeiros deportistas profesionais.

Nesta 3º edición o DVL2017 postúlase e consolídase como a única Volta Cicloturista por etapas desenvolvida en Galicia e unha das poucas de toda a Península Ibérica, que terá lugar os días 26, 27 e 28 de Maio de 2017.

DVL2017 está dividido en 3 etapas de diferente dificultade, nas cales se transcorre pola provincia de Lugo dando a coñecer a riqueza paisaxística e cultural das distintas zonas polas que transitamos.

MÁIS QUE UN DESAFÍO

Non só é un desafío para os participantes senón tamén para a organización xa que se trata de que todos os ciclistas vivan a experiencia dunha volta cicloturista cos mesmos medios técnicos e loxísticos que os ciclistas profesionais.

Ao redor de todo este evento mestúranse moitos compoñentes organizativos (promoción e difusión, seguridade, loxística, ambientación,…) que sen dúbida farán que se logren todos os obxectivos propostos e que os participantes e acompañantes gocen duns días de puro ciclismo e que non teñan máis nada que preocuparse de andar en bicicleta.

E como o noso slogan di?. Que todos os participantes queiran voltar noutra ocasión.

UN MARCO INCOMPARABLE

O desafío proposto aos ciclistas a través das distintas de Comarcas de Lugo depáranos unhas paisaxes e percorridos moi fermosos no que se ascenderán e descenderán portos de montaña de gran categoría, tramos de chairo pola Terra Chá, etc..