O organizador

cidadedelugo

PRESENTACIÓN

Clube Ciclista Cidade de Lugo xorde en 1998 en Lugo co obxectivo de fomentar o ciclismo competitivo nesta cidade en categorías inferiores (de Principiantes a Junior) xestionando a Escola Municipal de Ciclismo desde ese ano ata a actualidade.

Posteriormente o club foise abrindo a todas as idades e disciplinas de ciclismo tanto competitivo como recreacional, participando en competicións e probas en España e Portugal.

Co paso dos anos e a experiencia acumulada comezamos a organizar eventos competitivos e cicloturistas de maior nivel cada vez.

Durante todos estes anos o número de federados no club foi aumentando progresivamente ata converternos no club máis numeroso da Provincia de Lugo e nun dos máis grandes de Galicia con equipos de alto nivel en cada unha das disciplinas practicadas.

Na actualidade disputamos probas en todo o calendario nacional en categoría masculina e mulleres e impulsando un novo equipo nesta última categoría para disputar a copa de España de Mulleres e competindo nas mellores voltas e probas dun día cos equipos cadetes e junior.

O CIDADE DE LUGO EN DATOS

350 socios
185 federados nas distintas categorías
140 nenos e nenas en escola municipal de ciclismo

EVENTOS ORGANIZADOS

16 edicións do G.P. Ciclista San Froilán para todas as categorías
1º copa Deputación de Lugo para categorías inferiores
15 probas en diferentes concellos da Provincia de Lugo
Quedadas cicloturistas
5 edicións de Marcha Cicloturista Cidade de Lugo
Escola Municipal de Ciclismo de 4 concellos da Provincia de Lugo
3 Campus de Ciclismo
7 edicións de Volta As Comarcas de Lugo para elite e sub23 coa máxima categoría nacional
1 edición de Desafío Volta A Lugo 2015 para cicloturismo
Charlas formativas (alimentación, adestramento,…)