Nota Legal

O acceso dos Usuarios á páxina Web e a solicitude de información dos servizos ofrecidos a través desta pode implicar o tratamento de datos de carácter persoal. Para Bikes and Run Eventos Deportivos SL (en diante Bikes And Run) reviste unha grande importancia o cumprimento da normativa sobre protección de datos de carácter persoal.

Xeralmente, as persoas que fagan uso da páxina Web fano sen necesidade de facilitar ningún dato de carácter persoal. Non obstante, en certos casos como compra de produtos ou para acceder aos servizos deportivos que se ofrecen por medio desta Web, dáse a necesidade de facilitar certos datos de carácter persoal en prol de posibilitar a prestación dos mencionados servizos.

Bikes And Run garante a confidencialidade dos datos de carácter persoal facilitados polos Usuarios, segundo o establecido na normativa sobre Protección de Datos de Carácter Persoal e sobre Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico, cumprindo estritamente a lexislación vixente e despois de adoptar os procedementos administrativos e técnicos necesarios para garantir a seguridade dos datos persoais que recompilamos. Para a consecución de tales obxectivos Bikes And Run garántelle que adoptou as medidas oportunas de seguridade nas súas instalacións, sistemas e ficheiros, así como o tratamento confidencial dos Datos Persoais de conformidade coa lexislación vixente aplicable. Neste sentido, o Usuario queda informado e presta o seu consentimento expreso para a incorporación dos seus datos a varios ficheiros automatizados ou non titularidade de Bikes And Run domiciliada en R/ Illa Coelleira nº 3, 5ºd 27002 Lugo, debidamente inscritos ante o Rexistro Xeral de Protección de Datos de Carácter Persoal, para o tratamento automatizado ou non dos seus datos, coa finalidade de satisfacer a solicitude de compra efectuada ou recepción de información do seu interese a través de calquera medio electrónico ou postal, acerca dos servizos ofertados por Bikes And Run, podendo mesmo ser esta de carácter promocional ou publicitaria, así como no seu caso xestionar os servizos deportivos para os cales vostede proporciona a súa información persoal como deportista ou organizador (entre outros, rexistro de usuario, inscricións, recepción de xustificantes de inscrición, consulta e publicación de resultados deportivos, envío de consultas, xestión integral de eventos…o calquera outro que puidesen ser ofrecidos por Bikes And Run. O usuario (club, organizador ou outros) manifesta ter o consentimento expreso e inequívoco das persoas cuxa información persoal proporcione a esta plataforma Web e recoñece telos informado expresamente da achega dos devanditos datos a esta, eximindo de toda responsabilidade a Bikes And Run de calquera incumprimento da normativa sectorial de protección de datos no sentido anteriormente referido. O organizador ou club queda expresamente informado de que o uso de información de carácter persoal proveniente desta plataforma Web queda limitada exclusivamente á xestión deportiva do acto que motiva o uso desta plataforma. Queda prohibida a comunicación ou cesión de datos persoais para finalidades non consideradas na política de protección de datos deste sitio Web. En caso de que o organizador ou club faga uso da información obtida a través de Bikes And Run ou esta plataformaWeb con posterioridade á celebración de tal evento, converterase en responsable do ficheiro e polo tanto asumirá as obrigas derivadas da normativa de Protección de Datos eximindo a Bikes And Run de calquera responsabilidade en caso de incumprimento da normativa aplicable.

Así mesmo, o usuario que se rexistra neste consente a comunicación dos seus datos, autorizando expresamente a Bikes And Run á cesión dos seus datos persoais en virtude das obrigas legais necesarias, a medios de comunicación e a través desta Web cunha finalidade de difusión deportiva tanto de inscricións coma de resultados así como a Organizacións deportivas ou outros para a realización e xestión dos actos deportivos.

A política de privacidade de Bikes And Run garante ao Usuario en todo caso a posibilidade de exercitar o seu dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos seus datos, notificándoo aBikes And Run enviando un correo electrónico á dirección de correo electrónico bikesandruneventos@gmail.com manifestando o concreto Dereito que desexa exercitar.

Así mesmo, e en cumprimento da Lei 34/2002 de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico, e concretamente do seu art.º 10, que establece a obriga de facilitar os medios que permitan aos destinatarios do servizo acceder por medio electrónicos de forma doada, directa e gratuíta, á seguinte información:

Bikes and Run Eventos Deportivos S.L.
C.I.F. B27466457
C/Illa Coelleira Nº3 – 5ºD
27002 – Lugo
Telf. Contacto: 639532444

POLITICA DE VENTAS E DEVOLUCIÓNS
Todos aqueles participantes no evento poderán solicitar a devolución do 80 % do importe da inscrición se desexan darse de baixa no mesmo.
Para iso terán que comunicalo mediante mail a info@desafiovoltalugo.com