O desafío

voltalugo

Desafío Volta Lugo é un evento cicloturista en bicicleta de estrada non competitivo, que xorde co obxectivo de que todos os participantes vivan a experiencia dunha volta ciclista por etapas como verdadeiros deportistas profesionais.

Nesta 5ª edición o DVL2019 postúlase e consolida como a única Volta Cicloturista por etapas desenvolvida en Galicia e unha das poucas de toda a Península Ibérica, que terá lugar os días 17, 18 e 19 de Maio de 2019.

Como é tradicional en todas las edicións do DVL os percorridos son novos e con novedosos portos onde disfrutaremos coas  etapas en línea plantexadas esta vez.

MÁIS QUE UN DESAFÍO

 Non só é un desafío para os participantes senón tamén para a organización xa que se trata de que todos os ciclistas vivan a experiencia dunha volta cicloturista cos mesmos medios técnicos e loxísticos que os ciclistas profesionais. Ao redor de todo este evento mestúranse moitos compoñentes organizativos (promoción e difusión, seguridade, loxística, ambientación,….) que sen dúbida farán que se logren todos os obxectivos propostos e que os participantes e acompañantes gocen duns días de puro ciclismo e que non teñan máis nada que preocuparse de andar en bicicleta. E como o noso slogan di…. Que todos os participantes queiran volver noutra ocasión.

UN MARCO INCOMPARABLE

 O desafío proposto aos ciclistas a través das distintas de Comarcas de Lugo depáranos unhas paisaxes e percorridos moi fermosos no que se ascenderán e descenderán portos de montaña de gran categoría, tramos de chairo pola Terra Chá, etc…